Somos o Museo do Pescanova Biomarine Center.
Para acceder ao Museo do Pescanova Biomarine Center atravesarás unha inmensa onda, a través da cal descubrirás:
Grupo Nueva Pescanova
A historia de Nueva Pescanova, desde a construción do primeiro buque conxelador do mundo en 1960 e o nacemento do famoso Rodolfo Lagostino.
Percorrerás a través de experiencias virtuais a nosa actividade: a pesca, o cultivo, a elaboración e a comercialización dos produtos do mar a través dunha visita aos nosos barcos máis modernos coñecendo as súas características e os distintos métodos de pesca, contactando coas nosas tripulacións ou descubrindo como garantimos a sustentabilidade nos nosos buques.
Ademais, atravesarás unha recreación da zostera da ría de Arousa (Pontevedra, Galicia), que dá paso a unha das xoias do noso museo.
Segue lendo para descubrila!



O FUTURO DO MAR
Coñecerás a importancia dos ecosistemas mariños para a vida da terra, os problemas dos mares e océanos e os retos de futuro para coidalos entre todos.
Sorprenderache a ecosfera: un ecosistema pechado e autosuficiente inventado pola NASA.



CULTIVANDO O MAR
Sabes que a acuicultura xa comezou en China máis de 3.000 anos antes de Cristo? E que das 250.000 especies que viven nos ecosistemas acuáticos só se producen en acuicultura 580, entre peixes, crustáceos, cefalópodos, moluscos e algas?
Aquí descubrirás os beneficios da acuicultura, as claves para garantir unha práctica acuícola responsable e sustentable, así como os principais fitos durante máis de 5.000 anos de historia da acuicultura no mundo. Murais gráficos que mesturan ilustración con animación ou un acuario interactivo que permite consultar esas 580 especies e mesmo lanzalas á auga desde o posto de control!



INVESTIGACIÓN NO PESCANOVA BIOMARINE
Un dos nosos investigadores sorprenderate no seu laboratorio submarino, introducirate nas diferentes tecnoloxías empregadas en acuicultura, como funcionan os hidrófonos ou micrófonos de mar seleccionando as especies que quere escoitar, como medir parámetros como o osíxeno, temperatura e o pH da auga a través de diferentes sensores, ou coñecer como funciona un dron acuático. A intelixencia artificial e o Big Data levados á acuicultura para asegurar o benestar animal.
Antes de que te vaias queremos ofrecerche unha experiencia de realidade virtual 360º que te impresionará: visitarás o noso centro de investigación, verás nadar os nosos polbos, rodaballos, entre outras moitas sorpresas!




UN MAR DE SAÚDE
Grazas ao esforzo das 10 000 persoas que forman o equipo de Nueva Pescanova ao redor do mundo, traballamos para levar o mellor do mar á mesa dos nosos consumidores. Preocupámonos pola conservación dos ecosistemas mariños e practicamos unha pesca responsable e unha acuicultura sustentable.
O noso último sector explícache de maneira interactiva os beneficios para a saúde do consumo dos produtos do mar.
Esperámoste!

Elixe a túa visita
VISITA LIBRE
Inclúe acceso libre a todos os recursos expositivos e interactivos do Museo Pescanova Biomarine Center sen limitación de tempo.
VISITA GUIADA
Inclúe acceso e explicación guiada a todos os recursos expositivos e interactivos do Museo Pescanova Biomarine Center (duración aproximada 1 hora).
VISITA GUIADA PARA GRUPOS
Para grupos de entre 9 e 20 persoas. Inclúe acceso e explicación guiada a todos os recursos expositivos e interactivos do Museo Pescanova Biomarine Center (duración aproximada 1 hora).
VISITAS ESCOLARES
Para grupos escolares. Inclúe acceso e explicación guiada a todos os recursos expositivos e interactivos do Museo Pescanova Biomarine Center (duración aproximada 1 hora).