Situado no Grove (Galicia), o Pescanova Biomarine Center é o Centro de I+D+i en Acuicultura do Grupo Nueva Pescanova: investiga como mellorar a saúde, a sustentabilidade e o benestar animal dos animais en acuicultura, así como novas especies que non se cultivan no mundo.

O Pescanova Biomarine Center é pioneiro mundial en pechar o ciclo de vida do polbo en acuicultura.

O MUSEO DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS E A ACUICULTURA

No Museo do Pescanova Biomarine Center coñecerás a importancia que teñen os ecosistemas mariños para a vida do Planeta, cales son os seus problemas e como debemos evitalos, así como que é a acuicultura e por que naceu xa en China 3.500 anos antes de Cristo.

Mergullaraste a través de distintas experiencias nas profundidades do mar para coñecer todos os seus segredos:

• Conectarás con barcos de pesca
• Escoitarás a través de hidrófonos o ruído dos animais mariños
• Verás un ecosistema acuático autosuficiente inventado pola NASA
• Visitarás o laboratorio submarino do Biomarine Center
• Coñecerás a historia da acuicultura e os seus beneficios
• Saberás como investigamos en benestar animal, saúde e nutrición
• E descubrirás curiosidades que non imaxinas de distintas especies mariñas

Sabías que o 50 % do consumo mundial de produtos do mar provén xa da acuicultura, segundo a FAO? Dela depende en gran parte o feito de garantir o futuro dos ecosistemas acuáticos e a súa sustentabilidade.

Elixe a túa visita

VISITA LIBRE

Inclúe acceso libre a todos os recursos expositivos e interactivos do Museo Pescanova Biomarine Center sen limitación de tempo.

VISITA GUIADA

Inclúe acceso e explicación guiada a todos os recursos expositivos e interactivos do Museo Pescanova Biomarine Center (duración aproximada 1 hora).

VISITA GUIADA PARA GRUPOS

Para grupos de entre 9 e 20 persoas. Inclúe acceso e explicación guiada a todos os recursos expositivos e interactivos do Museo Pescanova Biomarine Center (duración aproximada 1 hora).

VISITAS ESCOLARES

Para grupos escolares. Inclúe acceso e explicación guiada a todos os recursos expositivos e interactivos do Museo Pescanova Biomarine Center (duración aproximada 1 hora).

RESERVA DE ESPAZOS PARA EVENTOS

SALA DE CONGRESOS

Espazo polivalente para congresos, presentacións, encontros corporativos etc.

SHOWCOOKING

Espazo gastronómico para showcookings, actividades de team building, presentación de produtos etc.

COÑECES A NOSA ACTUALIDADE?

INAUGURACIÓN-PBC-4

Nueva Pescanova inaugura o Pescanova Biomarine Center, o centro de I+D acuícola de referencia en España

image

Nueva Pescanova e Microsoft traballarán xuntos para dixitalizar a acuicultura mellorando a protección do medio mariño

Foto 1

Os investigadores de Pescanova conseguen pechar o ciclo de reprodución do polbo na acuicultura

QUERES COÑECER AS NOSAS NOVIDADES?

SUBSCRÍBETE Á NEWSLETTER DO MUSEO DO PESCANOVA BIOMARINE